Poesia kaiera
Poesia kaiera
Rosalia de Castro
itzulpena: Koldo Izagirre
2017, poesia
64 orrialde
978-84-17051-04-4
Rosalia de Castro
1837-1885
 
 

 

 

Ez txarto hartu galegoak

Gaztelako gaztelarrok,

joan arrosen pare doaz

etorri beltzen pare datoz

 

Zihoala irriz zihoan

zetorrela hilik zetorren

ene begietako argia

ene maiteño bihotzekoa

 

Elurra baino zuriago zena

eztitasunez betea zen hura

ene biziaren jabe zen hura

gabe bizi nahi ezik naizena

 

Gaztelara ogi bila joanda

zakurbelarra zioten eman

hazkurri nahigabeak zeuzkan

edari behazuna zeukan

 

Samina baino ez zion eman

bizitzaren kolkoak.

Gaztelarrok, gaztelarrok,

burdin-bihotzekoak!

 

Jainkoari diot eskatzen

gaztelar gorrotagarriok,

lehenago hil daitezen galegoak

zuengana hazkurri eske baino

 

Halako bihotz gaiztokoak

mortuko seme sikuak,

ogi garratza irabazi eta

pozoitan ematen bildua

 

Gaztelako gaztelarrok

bihotzak altzairuzko

haitzak bezain gogor arimak

eta barrua errai hustuko

 

Gaztela eta gaztelarrok

denek batera hartuta, denek

ez dute balio gure zelai

hezeen belartxoak beste

 

Ez txarto hartu galegoak

Gaztelako gaztelarrok,

joan arrosen pare doaz

etorri beltzen pare datoz

 

Castellanos de Castilla, / tratade ben ós gallegos, / cando van, van como rosas; / cando vén, vén como negros. // —Cando foi, iba sorrindo; / cando veu, viña morrendo / a luciña dos meus ollos, / o amantiño do meu peito. // Aquel máis que neve branco, / aquel de dozuras cheio, / aquel por quen en vivía / e sin quen vivir non quero. // Foi a Castilla por pan, / e saramagos lle deron; / déronlle fel por bebida, / peniñas por alimento. // Déronlle, en fin, canto amargo / ten a vida no seu seo... / ¡Castellanos, castellanos, / tendes corazón de ferro! // ¡Ai!, no meu corazonciño / xa non pode haber contento, / que está de dolor ferido, / que está de loito cuberto. // Morreu aquel que eu quería, / e para min n’hai consuelo: / solo hai para min, Castilla, / a mala lei que che teño. // Premita Dios, castellanos, / castellanos que aborrezo, / que antes os gallegos morran / que ir a pedirvos sustento. // Pois tan mal corazón tendes, / secos fillos do deserto, / que si amargo pan vos ganan, / dádesllo envolto en veneno. // Aló van, malpocadiños, / todos de esperanzas cheios, / e volven, ¡ai!, sin ventura, / con un caudal de desprezos. // Van probes e tornan probes, / van sans e tornan enfermos, / que anque eles son como rosas, / tratádelos como negros. // ¡Castellanos de Castilla, / tendes corazón de aceiro, / alma como as penas dura, / e sin entrañas o peito! // En trós de palla sentados, / sin fundamentos, soberbos, / pensás que os nosos filliños / para servirvos naceron. // E nunca tan torpe idea, / tan criminal pensamento / coupo en máis fatuas cabezas / ni en máis fatuos sentimentos. // Que Castilla e castellanos, / todos nun montón, a eito, / non valen o que unha herbiña / destes nosos campos frescos. // Solo pezoñosas charcas / detidas no ardente suelo, / tes, Castilla, que humedezan / esos teos labios sedentos. // Que o mar deixoute olvidada / e lonxe de ti correron / as brandas auguas que traen / de prantas cen semilleiros. // Nin arbres que che den sombra, / nin sombra que preste alento... / llanura e sempre llanura, / deserto e sempre deserto... // Esto che tocou, coitada, / por herencia no universo, / ¡miserable fanfarrona!... / triste heirencia foi por certo. // En verdad non hai, Castilla, / nada como ti tan feio, / que aínda mellor que Castilla, / valera decir inferno. // ¿Por que aló foches, meu ben? / ¡Nunca tal houberas feito! / ¡Trocar campiños frolidos / por tristes campos sin rego! // ¡Trocar tan craras fontiñas, / ríos tan murmuradeiros / por seco polvo que nunca / mollan as bágoas do ceo! // Mais, ¡ai!, de onde a min te foches / sin dor do meu sentimento, / i aló a vida che quitaron, / aló a mortiña che deron. // Morreches, meu queridiño, / e para min n’hai consuelo, / que onde antes te vía, agora / xa solo unha tomba vexo. // Triste como a mesma noite, / farto de dolor o peito, / pídolle a Dios que me mate, / porque xa vivir non quero. // Mais en tanto no me mata, / castellanos que aborrezo, / hei, para vergonza vosa, / heivos de cantar xemendo: // ¡Castellanos de Castilla, / tratade ben ós gallegos; / cando van, van como rosas; / cando vén, vén como negros!