Unha pequena frauta toca
A melodía do val de Stratfordd,
Errante, a lembrar o tempo
En que os corpos se unían en calquera recanto dos outeiros,
As terras altas ás que non voltaremos, e alí
Ficaron os seres recordados,
E a tristura invádenos
Na taberna que fica alén dos barcos.
Así como nos encarceraron a visita dos infelices,
O medo de posuír só
O soño de axuntar as moedas suficientes
Para regresar,
E o medo,
Porque tampouco hoxe estás na miña cama.
Tomo un grolo húmido do vaso
E derreto o xeo coa miña torpe lingua.
Despois séntense os aplausos, unha arpa, e
a gaita máis solemne,
como unha pinga de saudade bébeda
no porto de Lekeitio.
© Urtzi Urrutikoetxea