Beste hizkuntzetako lanen zerrenda

 

  Tradución: Ricardo Pichel Gotérrez

 

 

Terra Nova

 

Na miña vida, moi pronto foi demasiado tarde

Marguerite Duras

 

Tardaches en nacer,

dicíame miña nai.

 

Atraseime dúas semanas

por medo ao mundo.

Durante outras dúas semanas fun

un peixe encarnado no útero materno.

 

Tres quilos seiscentos,

aclaroulle por radio-teléfono a meu pai.

 

Un azoute no cu e

chorei para papá.

 

Miña filla!

Miña filla!,

oíuse na proa.

A pesca vainos bastante ben.

Cambio y corto.

 

Aquela noite, os grolos dos mariñeiros

correron por conta de meu pai.

Aquela noite meu pai durmiu feliz.

 

Non coñecería até seis meses despois

o peixe que penduraba do anzol da miña nai.

 

Cando me colleu nos seus brazos

nadei por vez primeira no mar.

 

Agora sei que toda aquela salinidade

non era só o meu pranto.

 

 

 

© Leire Bilbao
© da tradución: Ricardo Pichel Gotérrez


www.susa-literatura.eus